Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2022 > FEBRERO > María Rivas e Marián Ferreiro impulsan a coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local para avanzar na seguridade de Narón
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
María Rivas e Marián Ferreiro impulsan a coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local para avanzar na seguridade de Narón
01/02/2022
A subdelegada do Goberno lembra que a criminalidade en Narón está por debaixo da media de España, un dos estados máis seguros da UE
Os datos de Narón mostran unhas cifras similares ás do ano 2019, xusto antes do inicio da pandemia
María Rivas e Marián Ferreiro acordan constituír a Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero
A subdelegada e a alcaldesa analizan coas Forzas e Corpos de Seguridade a situación concreta do concello
O obxectivo é unha redución da taxa de criminalidade acompañada pola cooperación entre administracións
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a alcaldesa de Narón, Marían Ferreiro, acordaron hoxe impulsar a coordinación entre a Policía Local e a Policía Local para avanzar na seguridade de Narón. O entendemento foi froito da boa sintonía mostrada durante a xunta local de seguridade do concello.
María Rivas lembrou que a criminalidade en Narón estivo en 2021 por debaixo da media de España. E sinalou que España é un dos estados máis seguros da Unión Europea, o que mostra o bo traballo das Forzas e Corpos de Seguridade.
Os datos concretos de Narón mostran unha cifras similares ás do ano 2019, xusto antes do inicio da pandemia. O único aumento destacado é o vinculado á cibercriminalidade, da mesma maneira que sucede no resto de concellos do Estado, polo que as Forzas de Seguridade farán un esforzo especial neste ámbito.
María Rivas e Marián Ferreiro acordan constituír a Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Trátase dun organismo que busca abordar a situación do Concello, con 64 casos activos no sistema de protección ás vítimas de violencia de xénero. A meta é a máxima protección acompañada por prevención e un tratamento integral dos casos.
A análise dos números coas Forzas e Corpos de Seguridade que traballan no concello tivo lugar na Casa do Concello de Narón. Alí fixeron un repaso polos principais indicadores en comparación con outros exercicios e coa media do conxunto do Estado.
Trátase, por tanto, de datos similares ás do 2019. O obxectivo agora é unha redución deses datos. Tanto a subdelegada do Goberno como a alcaldesa buscan baixar a taxa de criminalidade, para o que impulsarán a cooperación entre administracións.