Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Mayo > O subdelegado do Goberno informa de que no paso fronteirizo habilitado no concello de Baltar controláronse 2.794 persoas e 2.022 vehículos
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
O subdelegado do Goberno informa de que no paso fronteirizo habilitado no concello de Baltar controláronse 2.794 persoas e 2.022 vehículos
14/05/2021
Emilio González realizou unha visita institucional ao municipio
O subdelegado do Goberno e o alcalde de Baltar tamén analizaron os datos de seguridade cidadá
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, realizou esta mañá unha visita institucional ao concello de Baltar para entrevistarse co seu alcalde, José Antonio Feijóo.
Durante o encontro, o subdelegado do Goberno trasladoulle ao alcalde os datos dos dispositivos de vixilancia que se levaron a cabo no paso fronteirizo que permaneceu aberto no concello de Baltar, de luns a venres en horario de 07:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00. Así, entre o 15 de febreiro e o 1 de maio controláronse neste punto un total de 2.022 vehículos e 2.794 persoas, denegando a entrada a 79 delas.
Emilio González salientou que “durante todo ese período os desprazamentos de proximidade e de traballadores transfronteirizos con causa xustificada supuxeron a tónica xeral”, sinalando que “neste posto fronteirizo controlouse o 1,8% de persoas e o 1,9% de vehículos sobre a cifra total dos catro pasos que permaneceron habilitados na provincia de Ourense”.
Así mesmo, o subdelegado do Goberno transmitiulle ao alcalde o agradecemento pola infraestrutura facilitada polo concello neste posto fronteirizo, o que permitiu mellorar as condicións de traballo dos efectivos do Corpo Nacional de Policía.
Na reunión, Emilio González e José Antonio Feijóo tamén avaliaron os datos de seguridade cidadá do concello, destacando este por ser un municipio cun índice moi baixo de delitos, ademais de non contar con casos activos no sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero (Sistema VioGén).
Por último, sinalouse que os principais indicadores da actividade económica do municipio resistiron os efectos da pandemia, o que foi valorado de xeito positivo polo alcalde de Baltar e o subdelegado do Goberno.