Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Mayo > O subdelegado do Goberno informa de que no paso fronteirizo habilitado no concello de Baltar controláronse 2.794 persoas e 2.022 vehículos
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
O subdelegado do Goberno informa de que no paso fronteirizo habilitado no concello de Baltar controláronse 2.794 persoas e 2.022 vehículos
14/05/2021
Emilio González realizou unha visita institucional ao municipio
O subdelegado do Goberno e o alcalde de Baltar tamén analizaron os datos de seguridade cidadá
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, realizou esta mañá unha visita institucional ao concello de Baltar para entrevistarse co seu alcalde, José Antonio Feijóo.
Durante o encontro, o subdelegado do Goberno trasladoulle ao alcalde os datos dos dispositivos de vixilancia que se levaron a cabo no paso fronteirizo que permaneceu aberto no concello de Baltar, de luns a venres en horario de 07:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00. Así, entre o 15 de febreiro e o 1 de maio controláronse neste punto un total de 2.022 vehículos e 2.794 persoas, denegando a entrada a 79 delas.
Emilio González salientou que “durante todo ese período os desprazamentos de proximidade e de traballadores transfronteirizos con causa xustificada supuxeron a tónica xeral”, sinalando que “neste posto fronteirizo controlouse o 1,8% de persoas e o 1,9% de vehículos sobre a cifra total dos catro pasos que permaneceron habilitados na provincia de Ourense”.
Así mesmo, o subdelegado do Goberno transmitiulle ao alcalde o agradecemento pola infraestrutura facilitada polo concello neste posto fronteirizo, o que permitiu mellorar as condicións de traballo dos efectivos do Corpo Nacional de Policía.
Na reunión, Emilio González e José Antonio Feijóo tamén avaliaron os datos de seguridade cidadá do concello, destacando este por ser un municipio cun índice moi baixo de delitos, ademais de non contar con casos activos no sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero (Sistema VioGén).
Por último, sinalouse que os principais indicadores da actividade económica do municipio resistiron os efectos da pandemia, o que foi valorado de xeito positivo polo alcalde de Baltar e o subdelegado do Goberno.