Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2019 > Noviembre > O Goberno aproba a cesión á Xunta da antiga escola de Enfermería para crear a Oficina de Emprego de Lugo, que será cofinanciada polo Estado
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
O Goberno aproba a cesión á Xunta da antiga escola de Enfermería para crear a Oficina de Emprego de Lugo, que será cofinanciada polo Estado
04/11/2019
A subdelegada do Goberno informa de que o Ministerio de Traballo autorizou a proposta de cesión do uso a favor da Xunta por un prazo de 20 anos prorrogable
A Tesourería Xeral da Seguridade Social autorizara en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería para axilizar o comezo das obras
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social aprobou a cesión á Xunta de Galicia da antiga escola de Enfermería de Lugo para crear a nova Oficina de Emprego da cidade, que cofinancian as dúas administracións. O Estado achegará 1.227.200 euros para a creación da nova dotación do servizo público de Emprego.
A cesión de uso do edificio da antiga Escola de Enfermería, que é propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, farase gratuitamente e por un prazo de 20 anos, que será prorrogable por ambas partes.
A subdelegada explicou que a resolución xa lle foi comunicada á Xunta e a cesión será efectiva tan pronto as dúas administración asinen o preceptivo convenio.
A Tesourería Xeral da Seguridade Social, que é a propietaria da totalidade dos terreos ocupados polo antigo Complexo do Hospital Xeral de Lugo, autorizou en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería, coa finalidade de facilitar o comezo das obras antes de que se produza a formalización do documento de cesión.
Esa autorización produciuse logo de aceptar a retrocesión por parte da Xunta do edificio denominado Escola Universitaria de Enfermería, actualmente Pavillón administrativo ou Unidade de Saúde Mental.
O Consello da Xunta aprobou o 2 de maio a retrocesión do inmoble á Tesourería Xeral da Seguridade Social, que a aceptou con data 12 de xuño.