Inicio > Delegacións > Delegacións do Goberno > Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia > Actualidade > Notas de Prensa > Notas > 2019 > Noviembre > O Goberno aproba a cesión á Xunta da antiga escola de Enfermería para crear a Oficina de Emprego de Lugo, que será cofinanciada polo Estado
Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
O Goberno aproba a cesión á Xunta da antiga escola de Enfermería para crear a Oficina de Emprego de Lugo, que será cofinanciada polo Estado
04/11/2019
A subdelegada do Goberno informa de que o Ministerio de Traballo autorizou a proposta de cesión do uso a favor da Xunta por un prazo de 20 anos prorrogable
A Tesourería Xeral da Seguridade Social autorizara en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería para axilizar o comezo das obras
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social aprobou a cesión á Xunta de Galicia da antiga escola de Enfermería de Lugo para crear a nova Oficina de Emprego da cidade, que cofinancian as dúas administracións. O Estado achegará 1.227.200 euros para a creación da nova dotación do servizo público de Emprego.
A cesión de uso do edificio da antiga Escola de Enfermería, que é propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, farase gratuitamente e por un prazo de 20 anos, que será prorrogable por ambas partes.
A subdelegada explicou que a resolución xa lle foi comunicada á Xunta e a cesión será efectiva tan pronto as dúas administración asinen o preceptivo convenio.
A Tesourería Xeral da Seguridade Social, que é a propietaria da totalidade dos terreos ocupados polo antigo Complexo do Hospital Xeral de Lugo, autorizou en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería, coa finalidade de facilitar o comezo das obras antes de que se produza a formalización do documento de cesión.
Esa autorización produciuse logo de aceptar a retrocesión por parte da Xunta do edificio denominado Escola Universitaria de Enfermería, actualmente Pavillón administrativo ou Unidade de Saúde Mental.
O Consello da Xunta aprobou o 2 de maio a retrocesión do inmoble á Tesourería Xeral da Seguridade Social, que a aceptou con data 12 de xuño.